sábado, 17 de enero de 2009

O noso traballo retranqueiro


Dispostas a descubrir novas publicacións, o noso traballo para a asignatura foi analizar a revistra "Retranca" (unha especie de "El jueves" á galega).

'Retranca' leva un ano en circulación polos quioscos galegos. O seu director é Kiko da Silva, un magnífico ilustrador galego que moitos coñeceredes da súa tira cómica na Voz, chamada 'EmilioEurista', polo seu traballo na revista galega de Banda Deseñada 'BD Banda' ou por múltiples proxectos ao longo da historia. Kiko da Silva é un crack nesto do humor en clave de BD, e poucos quedan en Galicia que non saiban quen é.

Algúns augurábanlle un futuro express á revista cando saíu, pero aí está, publicando o seu número 14, 'morta' e coleando. Porque, como din eles,é unha revista para ler en 'santa compaña'. Os logos representativos son pequenos fantasmiñas galegos que, con moita retranca, preséntannos os temas mes a mes. Retranca é ese revista que, 'se non les de vivo, lerás de morto'.Un lema forte para comezar cunha publicación que pisaba un terreo pouco asfaltado aquí en Galicia.

¿Que mellor humor que o 'made in feito na casa'? Retranca é un tipo de revista que o resto dos cidadáns do Estado dificilmente entenderían: humor feito por galegos e para galegos. Ao principio, os temas que se trataban na revista era temas máis de actualidade: a cidade da cultura, o cambio climático, o feísmo galego, o conflicto lingüístico... Eran temas máis nos que posicionarse que daban a entrever unha interpretación política e esixían unha posición crítica. Co paso dos números, comezaron a tratarse outros temas máis brandos como series de televisión, funcionarios, as festas galegas, vacacións etc.

É importante destacar que na maior parte das viñetas, a utilización dos gráficos e da linguaxe é inseparable. Poderiamos falar da lingua, como un elemento 'gráfico' máis. É inseparable das imaxes, un elemento máis dos debuxos e collages que conforman a revista.

Por outra banda, falar da ideoloxía de Retranca é falar dun "Quintanismo" explícito disimulado dun xeito sutil. O favoritismo polo Bloque deixase patente na forma de meterse coa súa política:



Combina con maestría tódolos elementos gráficos posibles: fotos, recortes, textos, debuxos, gráficos etc. algo que a fai visualmente moi atractiva. En conclusión, é unha revista dinámica, cautivadora dende o seu formato ata o seu contido.

Aquí, visualiza o noso Power Point Retranqueiro utilizado na presentación de clase.


Saúdos Retranqueiros,

A Santa Compaña.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

un humor moi fino, por veces, e moi absurdo, outras... o que aínda me fai escachar máis!
Hai que consumir máis banda deseñada, empezo falando por min, porque non debemos desaproveitar a calidade humorística que hai aquí. O home galego é un humorista total.

Anónimo dijo...

¿por que hai tan pouca resposta por parte do resto dos compañeiros a un asunto presentado en clase e que podería dar un certo xogo para manter un debate máis prolongado?
marotlo